#PCPE - #GALICIA : Entrevista a Laura Quintillán cabeza de lista a candidatura de Comunistas de Galicia-PCPE
Laura Quintillán encabeza a candidatura de Comunistas de Galicia-PCPE. Aínda que non teñen unha presenza importante nos medios, aseguran que van realizar "unha campaña moi laboriosa" para non só pedirlle o votos aos traballadores senón tamén explicarlles que este partido é unha ferramenta para loitar polo poder económico e político da clase social obreira.
P-Cal é o voso obxectivo nesta cita electoral?
R-Chamamos ás traballadoras e traballadores de Galiza a coller o seu futuro nas mans, con firmeza. Non só pedimos o voto, chamamos á loita pola construción dunha Galiza e dun mundo onde todas as miserias e atrocidades que está a sufrir a nosa clase sexan imposibles, impensables.
P-Dame un motivo para votar por Comunistas de Galiza...
R-Somos unha formación que non lle debe nada ao capital, nada a ninguén. Non ofertamos ningunha falsedade nen ningunha ilusión irrealizable. Decimos francamente ao votante: Aquí tés unha organización onde facerte forte, onde loitar xunto coa maioría polo poder económico e político da túa clase social.
P-Habería moitos cambios que facer para que Galicia se parecera ao país que vós queredes?
R-Non se trata só de "cambios". Non propoñemos a os votantes nengún retoque á actual estructura do poder político. Esa estructura está podre, descomposta, só se apoia no máis cínico dos enganos. Nengunha forza disposta a transar coa OTAN, có Euro, coa UE, pode honestamente ofertar nada á maioría traballadora. Nun momento ou noutro, moi pronto no tempo, esas forzas terán que se doblegar diante das multinacionais, a banca, o lobby militar. En qué van quedar entonces as promesas? Quen pagará iso cunha escravitude crecente? A resposta é fácil.
El que escribe el articulo ya le esta haciendo bien el juego a los burgueses y caviques de galicia rscribiendo para que solo los entiendan cuatro. Encima de que tienes poca propaganda lo reduces a la mitad y luego pides la independencia para los capitalistas.
ResponderEliminar